domingo, 29 de agosto de 2010

CANTA CANTA CANTADOR...

Canta …


Canta, canta, cantador
cantando chega o bo tempo
piando van os paxáros
empuxados polo vento

Tamén cantan os remeiros
cando van cóas suas lanchiñas
e levan as redes rotas
con o peso das sardiñas

Canta canta cantador
nunca pares de cantar
alegráme coa alborada
que a noite imos bailar

Levaréi medias de seda
e a sainha remangada
Para lucir as perniñas
Da túa moza resalada

Vinde a bailar rapaciñas
Bailade ao ritmo da gaita
Alegrade a Romaría
Da nosa virxen da Barca

Vinde cantando romeiros
Que hoxe día de Leticia
Cantade a virxe da Barca
A nosa nae de Galiza…

Carmen Patiño Fernández
Carmiña
A Coruña día 15 de Junio de 2005


https://resources.safecreative.org/work/1008297172904/label/barcode-150

No hay comentarios:

Publicar un comentario