martes, 10 de agosto de 2010

PREGO A DEUS SEXAS FELIZ...

Vaste casar miña filla
e partes me o corazón
porque te vas pra tan lonxe
tan lonxe da tua nación

naciche coma anduriña
sempre voando voando
coma se tiveses alas
que o ceo foses cruzando

naciche no extranxeiro
como emigrante galega
entre ingleses te criaches
e a Canadá xa te achegas,

Non sei si un día de novo
eu podréi volver a verte
pero filla estou segura
que xamais ei de esquencerte

de bagoas céganse os ollos
case non poido escribir
pensando miña neniña
canto me queda sofrir...

ti vaste e queda teu pae
coma un neniño pequeno
co alzheimer sua compaña
e eu coberta de medo...

Vaste casar miña filla...
¡e eu case morta quedo...!

No hay comentarios:

Publicar un comentario