miércoles, 27 de octubre de 2010

Que frio teño na alma

Teño un frío que doe tanto
na miña alma valeira
sin lume onde achegarme
sin ter ninguen que me queira

A parte de sentir frío
arde meu peito de amor,
cunha ferida moi grande
que naceu do desamor...

Morreron todos meus soños
sin pouseer cadaleito
Ai meu Deus di como enterro
o mal que me teñen feito...

A miudiño camiñando
como un vello que coxéa
camiño na veira rúa
nas noites de lúa chea

porque nelas penso en ti
cando tiven teu amor
ergo os ollos miro a ceo...

e nel so vexo terror...

Terror de vivir sin verte
soiña e chea de dor...

No hay comentarios:

Publicar un comentario