martes, 5 de octubre de 2010

BRANCA ESCURIDADE...

Vexo tinguido de sangue,
meu ceo cheo de estrelas,
non sei se foi coa idade,
co medo ou a soidade,
que as bagóas dous meus olliños,
van tinguidas de vermellas...


¡Eu que andei polo mundo!
¡Eu que a Galiza loubei!
pensei morrer lonxe dela,
pero a Galiza voltei,

Tinga eu tanta fachenda,
de voltar a ou meu fogar,
que din lles carreira a vos fillos,
para non ter que emigrar...

Mais todo foi un gran erro,
Galiza está como antes,
Aldraxada coma sempre,
vos nosos filhos galegos
voltan a ser emigrantes...

Que meigallo tes Galiza...

Que sendo unha terra nobre
todos se mofan de ti...
explótanche e pisotéante
e coma se foses de lixo...

Nesta branca escuridade
¡Morren eles e mais tí!

No hay comentarios:

Publicar un comentario