martes, 26 de mayo de 2020

CANTIGA DO NADAL

Vou cantar unha cantiga
porque se achega o Nadal
para adicar lle  a os meniños
que hoxe o están pasando mal,

Ei aqui meus doces anxos
que nin tedes que comer
 vinde que eu tendo meus brazos
 que o voso berce a de ser,

Mirade doce meniños
que unha estrela esta a pasar
para pedirlle un desexo
de paz e prosperidad,

En este triste Nadal,
 eu con esta panxoliña
quixera ser boso abrigo
 e ofrecer a casa miña...





No hay comentarios:

Publicar un comentario