domingo, 14 de julio de 2013

EU BEN VIN CHORAR A O VENTO



Eu ben vin chorar a ou vento
eu ben vin coma choraba...
Eu ben vin chorar a ou vento
nunha espiguiña dourada

E a espiguiña dobrábase
e ao dobrar de amor parteu
e ou vento marchou chorando
porque a súa espiga morreu..

entón pasou un paxaro
que a ou ver chorar a ventiño
colleu a espiga dourada
e levouna do piquiño...

espallou ben a semente
e a espiguiña sementou
Agora ou vento ten amores
e a paxariño premióu...

Carmen Patiño Fernández
A Coruña dia 5 de xullo de 2013











No hay comentarios:

Publicar un comentario